Charlotte's Web 2: Wilbur's Great Adventure
A arañeira de Charlotte 2: A gran aventura de Wilbur | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Charlotte's Web 2: Wilbur's Great Adventure |
Director | Mario Piluso |
Guión | Elana Lesser Cliff Ruby |
Intérpretes | David Berón Julia Duffy Charles Adler Amanda Bynes |
Música | Michael Tavera |
Estrea | 2003 |
Duración | 79 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | animación aventura drama comedia infantil |
Na rede | |
Charlotte's Web 2: Wilbur's Great Adventure (en galego, A arañeira de Charlotte 2: A gran aventura de Wilbur) é un filme de animación, continuación do filme de 1973 Charlotte's Web, producido en conxunto de Parmount Pictures, Universal Studios, Universal Animation Studios e Nickelodeon, dirixida por Mario Piluso, e lanzada a Universal Pictures por primeira vez nos Estados Unidos o 18 de marzo de 2003. Está distribuído pola Paramount Home Entertainment, nos Estados Unidos e no resto do mundo pola Universal Studios Home Entertainment. O filme baséase no libro infantil Charlotte's Web, escrito por E. B. White. O filme ten unha mensaxe clara de amizade e individualidade.
O filme vira en torno a Wilbur, que vive nunha granxa e ten que facerse cargo de tres novas arañas, que foron as fillas da araña Charlotte, quen morreu no primeiro filme, e debe evitar que o novo amigo, unha ovella negra chamada Cardigan, sexa comida por un raposo malvado chamado Farly. Esta continuación foi amplamente criticada. En TV Guide díxose que no filme non se captura o corazón e o espírito do orixinal e tamén criticou a animación (á cal se referiu como "pobre").[1] Mike Long de DVD Talk tamén dixo que a animación é mediocre, semellante a unha caricatura "de sábado pola mañá".[2]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Wilbur o porquiño sabe como é de importante a amizade, unha lección que aprendeu coa araña Charlotte. Entón, cando coñece a Cardigan, un carneiriño solitario, axiña se torna o seu amigo. Cardigan ensínalle a Wilbur todas as marabillas da vida na granxa e preséntalle a tres arañas moi especiais: Nellie, Arana e Joy, as fillas de Charlotte.
Cando o caseiro Zuckerman vende a Cardigan a outra facenda, inmediatamente sabe que facer. Acompañado polo intelixente rato Templeton, Wilbur e Charlotte embarcan nunha viaxe inesquecible para atoparen a Cardigan, durante a cal van descubrir que con coraxe, amor e amizade poden obter o que se propoñan.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2011. Consultado o 02 de xuño de 2010.
- ↑ http://www.dvdtalk.com/reviews/5827/charlottes-web-2-wilburs-great-adventure/